Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de aprobación definitiva dun estudo de detalle (referencia catastral 4584227MH8548S0001RU).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o día 29 de setembro de 2017, acordou aprobar definitivamente o documento refundido do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes dunha parcela con referencia catastral 4584227MH8548S0001RU, situada no lugar de Xallas, deste concello, promovido por Beatriz Figueroa Sar, segundo o proxecto técnico do arquitecto Manuel Ángel Marcote Escariz.

Contra o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Cee, 18 de outubro de 2017

Ramón Vigo Sambade
Alcalde