Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (786/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 786/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santo Ceberino Valdez Mateo contra o Fondo de Garantía Salarial, Blanco y Suárez 2015, S.L. e a súa administración concursal, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Santo Ceberino Valdez Mateo contra a entidade Blanco y Suárez 2015, S.L., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que Santo Ceberino Valdez Mateo foi obxecto o 30 de xuño de 2017 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (16.10.2017), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Blanco y Suárez 2015, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.273,85 euros, e por salarios de tramitación a razón de 4.700,01 euros, desde o despedimento ata a extinción da relación laboral, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado, co límite de 600 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Blanco y Suárez 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza