Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa por transformación pola modificación do réxime xurídico da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, se depositou a baixa por transformación a causa da modificación do réxime xurídico da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego