Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 208/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 208/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Sánchez Recio contra Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel) e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar o executado Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel) en situación de insolvencia total por importe de 23.944,03 euros en concepto de principal, máis outros 2.394,40 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS)».

Para que sirva de notificación en legal forma a Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza