Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51419

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro do 2017 pola que se amplía a contía orzamentaria da Resolución do 13 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017/18, e de convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018/19.

A Resolución do 13 de xuño de 2017 (publicada no DOG nº 118, do 22 de xuño) pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017/18, e de convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018/19, establecía unha axuda de 1.010.357 € consecuencia do importe asignado inicialmente para Galicia de fondos da UE polo Mapama. O artigo 31 desta norma prevé expresamente a posibilidade do seu incremento con outros fondos procedentes do Fondo Europeo Agrícola de Garantía, dos orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma.

Con posterioridade, recibiuse comunicación do Mapama da asignación definitiva de fondos da UE do novo Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite para a Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017/18. Este importe definitivo ascendeu a 1.500.000 €, que, unha vez detraída a parte destinada a medidas de acompañamento de 200.000 €, supón a posibilidade de incrementar a actual resolución de axudas hasta 1.300.000 €.

Dado que a convocatoria de axudas aínda non foi resolta e se cumpren os requisitos do artigo 31 da Lei de subvención de Galicia, Lei 9/2007, do 13 de xuño, e os propios dispostos na resolución inicial antes mencionada, dáse cumprimento ao requisito de publicidade do incremento do crédito orzamentario para o seu coñecemento polos posibles beneficiarios de axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Resolución do 13 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017/18, e de convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018/19, financiada con cargo á partida orzamentaria 13.80.713F.779.0, nos seguintes importes:

Exercicio 2017: 72.410,75 euros, dos cales 24.136,92 corresponden ao programa de froita e 48.273,83 ao programa de leite.

Exercicio 2018: 217.232,25 euros, dos cales 72.410,75 corresponden ao programa de froita e 144.821,50 ao programa de leite.

Os importes definitivos desta resolución de axudas quedan como segue:

Exercicio 2017: 325.000 euros, dos cales 108.333,32 corresponden ao programa de froita e 216.666,68 ao programa de leite.

Exercicio 2018: 975.000 euros, dos cales 325.000,05 corresponden ao programa de froita e 649.999,95 ao programa de leite.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria