De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: «Os organos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencions concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».
Na súa virtude,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na 2ª fase da convocatoria de 2017, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.723C.780.1 para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo FEMP.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
Aplicación 14.03.723C.780.1
Proxecto |
Beneficiario/a |
Total |
Mar das Illas Atlánticas |
Galp Ría de Pontevedra |
8.711,50 € |
Galp Ría de Arousa |
9.279,00 € |
|
Galp Ría de Vigo-A Guarda |
8.409,50 € |
|
Total |
26.400,00 € |