Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0031/2017-VNA e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 24 de outubro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0031/2017-VNA.

Denunciada: Vagóns Vigo, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0073/2017-BIO.

Denunciada: Fátima Iglesias dos Santos.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0095/2017-VNA.

Denunciado: José Antonio Villar Millán.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0013/2017-VNA.

Denunciado: Santiago Iglesias Estévez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0019/2017-CSA.

Denunciada: Borreiros Forestal, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0021/2017-CSA,

Denunciada: Explotaciones Forestales Mos, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0062/2017-CSA.

Denunciada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0068/2017-CSA.

Denunciada: Clara Lorenzo González.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0071/2017-VNA.

Denunciado: Ángel Miguel Bouzas Alfonso.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0086/2017-CSA.

Denunciada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.