Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución en relación co expediente de concentración parcelaria de Troáns II (Cuntis-Pontevedra), en modificacións de bases definitivas.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º andar), teléfono 986 80 54 40.

Pontevedra, 24 de outubro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente

Interesado

Acto que se notifica

3175/11

José Luis Méndez Búa

Resolución