Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1164/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1164/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Anido Fernández contra a empresa Veigue Gestión, S.L., sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 8 de novembro de 2016 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal:

Sentenza.

Na Coruña o 8 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 1164/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Gonzalo Anido Fernández, asistido do letrado Juan Salvador López Vázquez, contra Veigue Gestión, S.L. que non comparece, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Gonzalo Anido Fernández e condeno a empresa Veigue Gestión, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 929,17 euros máis o 10% de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Veigue Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza