Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2017/2308-3 e tres máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficiación desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 10 de outubro de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/rquivalente

PR204A2017/2308-3

Roberto Villa de la Rosa

44660623-M

PR204A2017/2365-3

Manuel González Nguyen

34948893-W

PR204A2017/2683-3

Ricardo Domínguez Rodríguez

76710428-T

PR204A2017/2830-3

Lucio Alníbar Machuca Herrera

49709807-E