Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación da subministración de equipamento electromédico destinado a diversos servizos asistenciais do Hospital Montecelo (expediente AB-EIP1-17-021).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-021.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento electromédico destinado a diversos servizos asistenciais do Hospital Montecelo, centro dependente da EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes: cinco.

d) Lugar de entrega: Hospital Montecelo.

1º. Domicilio: Mourente s/n.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36071.

e) Prazo de entrega: 20 días.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 33100000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación:

Tecnoloxía: ata 30 puntos.

Operación e manexo: ata 15 puntos.

Adaptación ao servizo de destino: ata 5 puntos.

Oferta económica: ata 40 puntos.

Proposta de custo económico do contrato de mantemento integral: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 180.600 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 180.600 €.

b) Importe total: 218.526 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

Solvencia económica e financeira. Criterio: volume anual de negocios do licitador que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, deberá superar tres (3) veces o importe de licitación (sen IVE) do/s lote/s correspondente/s.

En caso de empresas cuxo período de actividade non abarque os tres últimos anos, é necesario que se presenten as cifras de negocios do período de actividade da empresa e deberá superar tres (3) veces o importe de licitación (sen IVE) do/s lote/s correspondente/s.

Igualmente, deberase superar esta contía cando o período de actividade da empresa non abarque un exercicio completo.

Solvencia técnica ou profesional. Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite, mediante a presentación de polo menos tres (3) subministracións, que sexan de importe igual ou superior ao importe de licitación e de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre as subministracións realizadas polo empresario e os que constitúen o obxecto do contrato, a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación, se o contrato estivese encadrado nalgún dos establecidos no regulamento; no caso contrario, a igualdade entre os dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV. Se se trata de empresas de nova creación, a relación das subministracións será a das realizadas no período correspondente á actividade da empresa. A mención na relación e certificado doutro tipo de subministracións sen a separación de importes correspondentes invalidará o documento para acreditar a solvencia técnica.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

Pontevedra, 26 de outubro de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés