Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51150

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 31 de outubro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, á vista do contido nas resolucións dos recursos de alzada formulados contra a súa Resolución do 3 de marzo de 2017, cuxo contido se transcribe textual:

«1º. Estimar os recursos de alzada formulados contra a Resolución do 3 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, que se anula por ser contraria ás bases da convocatoria e non axustarse ao ordenamento xurídico vixente.

2º. Anular a pregunta número 2 do segundo exercicio do proceso selectivo, con base nos argumentos expostos polo tribunal de selección que vén apreciar motivadamente a necesidade da súa eliminación ao conter a dita pregunta “dúas posibles respostas válidas”.

3º. Manter a nota de corte fixada pola Resolución do 19 de xaneiro de 2017, do tribunal se selección, que sinala como número de respostas correctas para acadar a puntuación mínima de 5 puntos (9 respostas netas) para os aspirantes que accederon pola quenda libre.

4º. Ordenar ao tribunal de selección que volva ditar unha nova resolución tendo en conta os criterios anteriores e que elabore e publique unha nova listas de aprobados».

ACORDOU:

Primeiro. Proceder á nova corrección do segundo exercicio do proceso selectivo consonte o contido nas resolucións dos recursos que se citan.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Para as persoas aspirantes que acceden pola cota de reserva de persoas con discapacidade, base I.1.1, mantense en sete (7) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal