Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de outubro de 2017 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 2 de novembro de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/60/2013-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 26 de setembro de 2017, resolución pola que se estima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 2 de novembro de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/60/2013-RP1, e revógase a dita resolución no aspecto relativo á parcelación urbanística indicado nas consideracións legais da Resolución do 2 de novembro de 2016 e na caducidade da acción prevista no artigo 153 da Lei do solo de Galicia con respecto ás edificacións situadas nas parcelas 650 e 651 do polígono 83, do concello de Vilalba.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Antonio Pernas Cendán, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. A súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística