Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención ditada o 24 de maio de 2017 no expediente PE 107D/2009/111-5, de axuda aos investimentos a bordo do buque pesqueiro Nuevo Adelita.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo, por medio do presente anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida sinalada no anexo. A eficacia do acto administrativo notificado producirase coa súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

O interesado poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: José Jorge Castro.

NIF: 34868667T.

Número de expediente SXPA: PE 107 D/2009/111-5.

Proxecto: modernización do buque pesqueiro Nuevo Adelita (VI-8-1200).

Acto de notificación: resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada o 24 de maio de 2017.

Último enderezo coñecido: rúa A Porteliña, 14, San Cibrán, 36034 As Neves (Pontevedra).