Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2017 pola que se fai pública a desistencia do contrato para o servizo de vixilancia e control dos edificios, invernadoiros e predio do centro de investigación forestal de Lourizán (expediente 45/2017).

Por Resolución do 5 de outubro de 2017 acórdase desistir do procedemento de licitación para o contrato do servizo de vixilancia e control dos edificios, invernadoiros e predio do centro de investigación forestal de Lourizán, da Consellería do Medio Rural, conforme o establecido no artigo 155 do Real decreto legislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

O motivo da desistencia, segundo se recolle na resolución publicada o día 9 de outubro de 2017 no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=196828, é o de terse producido na preparación do contrato unha infracción non emendable, que deu lugar a que o orzamento de licitación que recollen os pregos sexa insuficiente para a prestación do servizo que se pretende contratar.

O anuncio de licitación publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 3 de outubro de 2017.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural