Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50945

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para os anos 2017 e 2018, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

Encomenda de xestión relativa ás obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia, para os anos 2017 e 2018, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

Actividade: execución das obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia. Os traballos encomendados consisten en actuacións de clasificación dos residuos para a súa reciclaxe ou valorización, na perfilaxe e no acondicionamento dos residuos inertes, na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e a sementeira con especies pratenses. Inclúese o levantamento GPS do punto de vertedura incontrolada, a reportaxe fotográfica anterior e posterior á execución e a elaboración e redacción de informes.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto no punto 2 do artigo 1 da Instrución conxunta das consellerías de Economía e Facenda e do Medio Rural sobre o réxime das encomendas á empresa pública Seaga, do 19 de marzo de 2007.

Prazo de vixencia: os traballos encomendados comezarán o día seguinte a que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, a través da persoa designada por ela, como coordinadora da encomenda, dea a orde de inicio dos traballos. Debe finalizar, como data límite, o 31 de decembro de 2018.

Modalidade de financiamento: esta encomenda finánciase nun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio