Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de outubro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: reforma da intersección do punto quilométrico 21+900 da AC-840 (Curtis), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/16/230.10).

A Axencia Galega de Infraestruturas por Resolución do 27 de xullo de 2017 resolve aprobar provisionalmente o proxecto de construción da reforma da intersección do p.q. 21+900 da AC-840 (Curtis), de clave AC/16/230.10.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción da reforma da intersección do p.q. 21+900 da AC-840 (Curtis), de clave AC/16/230.10. A área de actuación sitúase na estrada AC-840, pertencente á Rede primaria básica de estradas de Galicia, no termo municipal de Curtis, e que percorre desde Betanzos (AC-542) ata o límite provincial en Agolada (N-640).

Este proxecto ten por obxecto a reforma da intersección da estrada AC-840 coa estrada provincial DP-3204, no p.q. 21+900, transformando a intersección a nivel existente, de notable accidentalidade, nunha glorieta coas características adecuadas, e coa finalidade de mellorar a seguridade viaria e a calidade de vida dos cidadáns, cun importante efecto positivo sobre o medio socioeconómico e humano.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Execución da glorieta do empalme, cun eixe definido para a glorieta de 13,50 m de raio, que coincide co anel exterior da calzada.

– Pavimentación con capa de rodadura ou execución da sección estrutural completa, segundo as zonas.

– Beirarrúas e ampliación da plataforma na contorna da glorieta.

– Sinalización, balizamento e defensas.

– Mellora, limpeza e adecuación da drenaxe.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), e na casa do concello de Curtis (praza de España, 1, 15310 Teixeiro, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Reforma da intersección do p.q. 21+900 da AC-840 (Curtis)
Clave AC/16/230.10

Concello de Curtis.

Referencia catastral

Titular

Superficie

Uso

Polígono

Parcela

Ben afectado

1

9046210NH6794N

Mª Rosario Neira Tojo e Alfonso Rodríguez Camiños

115

UR-Solo sen edificar

9046

210

– 40 m valado e postes e arame

2

9046211NH6794N

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

55

UR-Solo sen edificar

9046

211

3

9247619NH6794N

Enrique Cernadas Fontecoba

115

UR-Solo sen edificar

9247

619

– 35 m2 muro de bloque de formigón con arame e seto

– 4 árbores

– 1 cancela metálica