Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de outubro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, punto quilométrico 6+295-7+718 (Vilaseca-Lapamán), (clave PO/16/045.06).

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia determina, no seu artigo 6.2, que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte alternativos que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 2 de novembro de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca do Morrazo e concellos limítrofes, onde unha das sendas propostas era unha senda peonil na PO-551, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo: Senda peonil na marxe dereita da PO-551, p.q. 6+295-7+718 (Vilaseca-Lapamán), de clave PO/16/045.06.

A senda localízase no concello de Marín, provincia de Pontevedra, pola marxe dereita da PO-551, entre os p.q. 6+295 e 7+718, e ten unha lonxitude total de 1.454 m. O criterio de deseño adoptado para o proxecto inclúe unha beiravía de 1 m de largo aproximadamente e unha senda de formigón de 2 m de largo medio (ben que naqueles puntos en que o espazo sexa insuficiente se reducirá esta dimensión) limitada exteriormente por un bordo de formigón.

Entre os p.q. 6+970 e 7+005, a estrada atravesa un pequeno leito sobre o cal existe actualmente unha ponte de cantaría, e, acaroada a esta, proxéctase unha pasarela de madeira ancorada á dita estrutura.

Ao longo do trazado realizaranse diversos muros de contención, así como a reordenación do aparcadoiro de vehículos nas proximidades da praia de Lapamán.

En atención a todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), na Casa do Concello de Marín (avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
(http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: senda peonil na marxe dereita da PO-551, p.q. 6+295-7+718 (Vilaseca-Lapamán).

Clave: PO/16/045.06.

Concello: Marín (Pontevedra).

Referencia catastral

Titular

Tipo

Superficie predio

Superficie expropiación

Cultivo

1

36026A05100648

Rosales Caballero, Manuel

RU

583

6,20

C-Labor ou labradío secaño

2

36026A05100647

Rosales Caballero, Manuel

RU

409

8,96

C-Labor ou labradío secaño

3

36026A05100646

Descoñecido

RU

2.512

28,00

C-Labor ou labradío secaño

4

36026A05100607

Rivas Pousada, Margarita e outros

UR

3.059

5,19

V-Viña secaño/

I-Improdutivo

5

36026A05101376

Argibay Soage, Carmen

UR

446

35,34

MM-Piñeiral madeireiro

6

36026A05101370

Soage Piñeiro, Rosa

UR

165

19,93

MM-Piñeiral madeireiro

7

36026A05100578

Lino Piñeiro, M. Isabel

UR

134

4,52

V-Viña secaño

8

36026A05100584

Buceta Entenza, Dolores

UR

110

13,75

C-Labor ou labradío secaño

9

36026A05100585

Fernández Sanjorge, José

UR

146

0,81

C-Labor ou labradío secaño

10

36026A05100587

Omil Aguete, Concepción

UR

205

78,11

MT-Matogueira

11

36026A05100588

Rosales Caballero, Manuel

UR

163

41,51

V-Viña secaño

12

36026A05100589

Iglesias Sánchez, M. Luisa

UR

570

32,96

V-Viña secaño

13

36026A05100606

Argibay López, Ángel Manuel e outros

UR

90

3,79

V-Viña secaño

14

36026A05100392

Aguete Grandal, Emilia e outros

UR

1.081

4,42

V-Viña secaño

15

36026A05100393

Budiño Aguete, Benito

UR

429

75,16

V-Viña secaño

16

36026A05100398

Lemos Argibay, Manuel

UR

329

9,78

V-Viña secaño/

I-Improdutivo

17

36026A05100425

Vidal Grandal, Amalia

UR

315

58,54

V-Viña secaño

18

36026A05100433

Piñeiro Pousada, Carmen

RU

295

179,48

V-Viña secaño

19

36026A05100441

Entenza Carballo, Manuel

RU

57

34,20

V-Viña secaño

20

36026A05100442

Soage Piñeiro, Rosa

RU

63

41,05

V-Viña secaño

21

36026A05100434

Grandal Souto, Pilar

RU

376

10,35

V-Viña secaño

22

36026A05100440

Soage Grandal, Manuel e outros

RU

413

7,57

C-Labor ou labradío secaño

23

36026A05100443

Quiroga Calviño, Ricardo

RU

62

0,28

V-Viña secaño

24

36026A05100164

Argibay Fariña, Manuel

UR

211

30,42

C-Labor ou labradío secaño

25

36026A05100163

Argibay Fariña, Manuel

UR

126

58,03

C-Labor ou labradío secaño

26

36026A05100153

Lorenzo Magdalena, Gonzalo

UR

673

5,62

C-Labor ou labradío secaño

27

36026A05100150

Iglesias Sánchez, M. Luisa

RU

493

38,81

C-Labor ou labradío secaño

28

36026A05100143

Tomé Martínez, Adolfo (herdeiros de)

RU

875

8,16

MT-Matogueira

29

36026A05100059

García Rosales, Josefa e outros

RU

576

135,54

C-Labor ou labradío secaño

30

36026A05101416

Iglesias Pastoriza, José Luis

RU

2.962

74,12

C-Labor ou labradío secaño

31

36026A05101415

Fernández Fernández, Teresa

RU

1.143

23,34

C-Labor ou labradío secaño

32

36026A05100033

García Fontela, Manuel

RU

1.203

19,99

C-Labor ou labradío secaño

33

36026A05100032

Domínguez Santos, José

RU

267

17,13

C-Labor ou labradío secaño

34

36026A05100031

Estévez Piñeiro, Carmen

RU

231

24,57

C-Labor ou labradío secaño

35

36026A05100029

Pastoriza Dávila, Antonio (herdeiros de)

RU

420

29,66

C-Labor ou labradío secaño

36

36026A05100025

Garrido García, Eugenio

RU

214

17,30

C-Labor ou labradío secaño

37

36026A05100024

Dávila Sotelo, Dolores

RU

289

20,21

C-Labor ou labradío secaño

38

36026A05100023

Ameijeiras Blanco, Bernardo José (herdeiros de)

RU

710

14,61

C-Labor ou labradío secaño

39

36026A05100018

Loira Rosales, José

RU

582

22,14

V-Viña secaño

40

36026A05106014

Espiña Arosa, Lucía

RU

1.200

0,00

C-Labor ou labradío secaño

41

36026A05100013

González Entenza, Carmen

RU

801

0,00

C-Labor ou labradío secaño

42

36026A05100003

Cabanelas S-S, Manuel

RU

784

41,26

C-Labor ou labradío secaño

43

36026A05100005

Fariñas Grandal, Antonio

RU

187

22,78

C-Labor ou labradío secaño

44

36026A05100002

Calviño Nogueira, Manuel

RU

226

14,90

C-Labor ou labradío secaño