Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50947

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2017 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 23 de xuño de 2017 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

A Orde do 11 de abril de 2017 (DOG núm. 81, do 27 de abril) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, GAIN), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Pola Resolución do 23 de xuño de 2017 (DOG núm. 126, do 4 de xullo) adxudícanse as axudas da modalidade A ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

No artigo 18 da orde de convocatoria indícase que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á GAIN (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda. A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera da Secretaría Xeral de Universidades.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias da modalidade A das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral presentadas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), correspondentes ás persoas seleccionadas que se indican a seguir:

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Nota avaliación

ED481B 2017/107

USC

Bargiela

Bargiela

Rafael María

******62F

Ciencias

2

2

92,5

ED481B 2017/041

USC

Astariz

Núñez

Sharay

******01C

Enxeñaría e Arquitectura

2

2

92

ED481B 2017/081

USC

Alló

Pazos

María

******80J

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

2

80

Segundo. Adxudicar estas axudas ás solicitudes da lista de espera, de acordo co artigo 18 da orde de convocatoria, correspondentes ás seguintes entidades e persoas investigadoras:

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Nota avaliación

ED481B 2017/024

UDC

Bermúdez

García

Juan Manuel

******51V

Ciencias

2

2

79,25

ED481B 2017/002

USC

Rodríguez

Sánchez

José Luis

******22D

Ciencias

2

2

78,75

ED481B 2017/100

USC

Royé

 

Dominic

******53W

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

1

78,5

Terceiro. Declarar extinguida a lista de espera da modalidade A destas axudas da Secretaría Xeral de Universidades.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG segundo as renuncias e as novas incorporacións, tal e como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2017

2018

2019

2020

Total

10.40.561B.444.0

UDC

5

59.261,10

201.500,00

198.327,78

138.911,12

598.000,00

USC

27

374.594,37

1.107.155,55

1.077.555,58

706.694,50

3.266.000,00

UVIGO

13

192.261,09

533.500,00

520.277,77

327.961,14

1.574.000,00

Total

45

626.116,56

1.842.155,55

1.796.161,13

1.173.566,76

5.438.000,00

Quinto. A data de comezo do contrato será o 1 de novembro de 2017.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará a persoa seleccionada aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria