Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a relocalización do solo urbanizable industrial S-01.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para a relocalización do solo urbanizable industrial S-01, mediante o Acordo do Pleno do 5 de outubro de 2017, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación puntual.

A suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos.

Dodro, 9 de outubro de 2017

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde