Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vilarmaior (expediente IN407A 2017/057-1).

Expediente: IN407A 2017/057-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo 1 ao proxecto LMTS, CTC e RBT Os Chaos.

Concello: Vilarmaior.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Os Chaos, a 15 kV, cunha lonxitude de 962 m, coa orixe no CT Breanca (expediente 25.679) que se vai reformar, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) AI, e final no CT Os Chaos proxectado.

Centro de transformación prefabricado Os Chaos, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Reforma do centro de transformación existente Breanca, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V, coa instalación de novas celas compactas de media tensión 3L+1P telecontroladas por GPRS.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña