Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 14 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución dunha instalación de gas canalizado no concello de Santiago de Compostela (expediente IN627A 2017/1-1).

Expediente: IN627A 2017/1-1.

Solicitante: Gas Natural Redes Distribución Gas S.D.G, S.A.

Denominación: subministración de gas natural no polígono industrial do Tambre para subministración á empresa Mercagalicia.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Derivación en T da rede existente MOP 16 bar en aceiro Gr L245 de Ø 2” e 3,2 mm de espesor de parede e unha lonxitude de 2 metros. Os traballos de conexión realizaranse en carga.

– Instalación dunha válvula de corte para regulación e control de fluxo de gas na canalización.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241, do 8 de outubro), modificada pola Lei 12/2007, do 2 de xullo (BOE nº 158, do 3 de xullo).

– Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural (BOE nº 313, do 31 de decembro).

– Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio, sobre a tramitación de autorizacións administrativas de canalizacións de gas (DOG nº 244, do 21 de decembro).

– Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11 (BOE nº 211, do 4 de setembro).

– Decreto 62/2010, do 15 de abril, da Consellería de Economía e Industria, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP) (DOG nº 77, do 26 de abril).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 217, do 14 de decembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 232, do 4 de decembro).

– Disposición adicional primeira do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña