Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola no lugar de Campo das Mámoas, concello do Saviñao, promovido por Avícola das Mámoas, S.C. (expediente 2017/0137).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 10 de outubro de 2017 relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación avícola, sita no lugar de Campo das Mámoas, no concello do Saviñao (Lugo) promovido por Avícola das Mámoas, S.C.

Esta declaración pódese consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático