Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2017/2533-2 e nove máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo, ao non ser posible a súa notificación personal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interés lexítimo no plazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 2 de outubro de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

Resolución

PR204A2017/2533-2

William Leclerc

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2553-2

Manuel Saavedra Villanueva

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2625-2

J. Manuel Sánchez Rodríguez

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2629-2

Manuel Doval Pombo

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2697-2

A. Madaleno Rodríguez Moreira

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2887-2

José Andrés Juiz Arias

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2892-2

Iderlindo Martins Varela

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2914-2

J. Luis Rodríguez Varela

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2940-2

Antonio Mourin López

Denegatoria do dereito

PR204A2017/2998-2

Pablo Ramudo Graña

Denegatoria do dereito