Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de outubro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes. Poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 20 de outubro de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café Bar Stereo.

Titular: Piñeiro Fernández, Guillermo.

Enderezo: Marcelo Macías, 12.

Concello: Xinzo de Limia.

Establecemento: Café Bar Taxi.

Titular: Fernández Martínez, David.

Enderezo: Rabal, s/n.

Concello: Chandrexa de Queixa.

Establecemento: Café Bar Especial Sultáns.

Titular: Rodríguez Caneiro, María Belén.

Enderezo: rúa Luna, 19.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Sarri.

Titular: Álvarez Rúa, Serafín.

Enderezo: rúa Pena Trevinca, 68.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar París.

Titular: Calvo Vidal, Nuria.

Enderezo: rúa San Mamede, 4.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Rivera.

Titular: Rodríguez Pérez, Milagros.

Enderezo: rúa Río Arnoia, 1.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Desconecta-T.

Titular: Salgado Fernández, Borja.

Enderezo: rúa Río Arnoia, 7.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Go Bar&Tapas.

Titular: Go Bar&Tapas, S.L.

Enderezo: rúa Irmáns Villar, 1.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Casa Rita.

Titular: Arias Fernández Ana.

Enderezo: Sas de Penelas.

Concello: Castro Caldelas.

Establecemento: Restaurante As Conchas.

Titular: As Conchas, S.C.

Enderezo: rúa Velázquez, 21.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafetería Yramka.

Titular: Puga Tesouro, Juan Carlos.

Enderezo: A Zamorana.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Establecemento: Restaurante San Roque.

Titular: Pérez Rodríguez, Lucía.

Enderezo: Santo Estevo de Ribas de Sil.

Concello: Nogueira de Ramuín.