Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

A. Contrato de obras consistente na reparación de infraestruturas de San Paio de Navia (Vigo), Pontevedra. Expediente: San Paio-2016/REP URB.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reparación de infraestruturas: fecais, pluviais, galerías de servizos, pavimentación e iluminación pública.

b) Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: seiscentos trinta e dous mil catrocentos oitenta e un euros con oitenta e seis céntimos (632.481,86 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): cento trinta e dous mil oitocentos vinte e un euros con dezanove céntimos (132.821,19 €).

c) Importe total: setecentos sesenta e cinco mil trescentos tres euros con cinco céntimos (765.303,05 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 30 de agosto de 2017.

c) Contratista: Petrolam Infraestructuras, S.L.

d) Importe de adxudicación: catrocentos noventa e oito mil trescentos trinta e dous euros con corenta e seis céntimos (498.332,46 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

B. Contrato de obras consistente na mellora de eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa Ancares, 18-32, en Becerreá, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Expediente LU-2016/REE 01.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de illamento térmico polo exterior en edificación residencial para mellora de eficiencia enerxética.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: trescentos quince mil cento dezasete euros con sete céntimos (315.117,07 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): sesenta e seis mil cento setenta e catro euros con cincuenta e oito céntimos (66.174,58 €).

c) Importe total: trescentos oitenta e un mil douscentos noventa e un euros con sesenta e cinco céntimos (381.291,65 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de setembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 29 de setembro de 2017.

c) Contratista: UTE Hondigo, S.L.-Arco y Labora Servicios de la Construcción, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: douscentos corenta e cinco mil euros (245.000,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo