Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (130/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que, mediante resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Santiago Carneiro Suárez contra Construcciones Vieiro 13, S.L. e Andrés Fernández Díaz, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 22.11.2016 e a dilixencia de ordenación do 14.2.2017, ditados no procedemento ENX 130/2016 a Construcciones Vieiro 13, S.L. e Andrés Fernández Díaz, en paradoiros ignorados.

Parte dispositiva.

De cara a dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que, segundo os datos existentes na aplicación informática, posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

– Respecto aos vehículos matrículas 2197CVY, 9486GGR e 2963 BJS, titularidade de Construcciones Vieiro 13, S.L., e o vehículo matrícula C4787BP, titularidade de Andrés Fernández Díaz, non procede o embargo por posuír máis de dez anos de antigüidade.

– Respecto aos inmobles números 27860, 27859 e 24958, titularidade de Andrés Fernández Díaz e inscritos no Rexistro da Propiedade de Viveiro, non procede o embargo debido aos elevados importes das cargas anteriores que pesan sobre estes.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para efectuar actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017.

Unha vez consultado o estado da conta de depósitos e consignacións xudiciais, ao non constar consignada ningunha cantidade procedente dos embargos trabados sobre as contas e devolucións tributarias, quedando pendente de satisfacer na presente executoria a suma de 831,30 euros de principal e 83,30 euros en concepto de xuros e custas e sen encontrar bens suficientes, de conformidade co artigo 276.1 da LXS, acordo:

Dar audiencia a Santiago Carneiro Suárez e ao Fondo de Garantía Salarial para que no prazo máximo de quince días insten o que ao seu dereito conveña de cara á continuación da executoria e designen en tal caso bens concretos do debedor sobre os que despachar execución.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lles sirva de notificación a Construcciones Vieiro 13, S.L. e Andrés Fernández Díaz, en paradoiro ignorado, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza