Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50624

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (269/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 269/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Seoane Cancela contra Hidrodomus, S.L.L., Gestión Energética de Galicia, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Estímase a demanda interposta por Santiago Seoane Cancela contra as empresas Gestión Energética de Galicia, S.L. e Hidrodomus, S.L.L. e declárase a improcedencia do despedimento con data de efectos do 28 de febreiro de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno de maneira solidaria as empresas demandadas a que readmitan o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 51,88 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 855,83 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Energética de Galicia, S.L. e Hidromus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza