Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de outubro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01640-O-2016 e dous máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-01640-O-2016 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01640-O-2016

IB-7300-CZ

Antonia Rosello Roig

41433094C

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

5.8.2016; 16.00; NVI; 528,8

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

OU-01161-O-2016

7348-BJR

Aqua & Foc Ponent, S.L.

B25763467

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

5.7.2016; 10.03; A-52; 202

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01983-O-2016

3290-GBD

Encarnación Fernández Muñoz

30640448D

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas.

19.5.2016; 10.07; N550; 80,5

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros