Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (330/2015).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 330/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodeiro Barreiro contra a empresa Electricidad Carlos, S.L. e outros, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución

Que, logo de desestimación da falta de competencia da orde social e estimando en parte a demanda interposta polo demandante Manuel Rodeiro Barreiro, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Electricidad Carlos, S.L., en situación de concurso, a que lle aboe ao demandante a cantidade de 18.466,44 €, con absolución de Pablo Arufe Espiña.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electricidad Carlos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza