Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Catoira (expediente IN407A 2017/505-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.L.

Domicilio social: estrada Igrexa de Dimo, 5, 36612 Catoira.

Denominación: ampliación de potencia CT Oeste e cambio de apoio 5 da LMT.

Situación: Catoira.

Características técnicas: substitución do apoio número 5 da LMT de alimentación ao centro de transformación Oeste e ampliación de potencia deste a 400 kVA con RT 20 kV/420 V. A instalación está situada no camiño das Penas, Oeste, Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra