Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual número 15 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Lalín, na sesión do día 6 de setembro de 2017, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual nº 15 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Lalín.

De acordo co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública, durante un prazo de dous (2) meses, mediante anuncio publicado nun dos xornais de maior difusión na provincia e no Diario Oficial de Galicia.

O prazo dos dous meses comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado período, o expediente quedará, con todos os documentos que o integran, á disposición de calquera persoa que queira examinalo para os efectos de poder presentar as alegacións que se consideren pertinentes.

O Concello trasladará a documentación ao órgano autonómico competente en materia de urbanismo, o cal realizará as consultas previstas no documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, dará audiencia aos municipios limítrofes e solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos, que deberán ser emitidos no prazo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable, segundo o disposto no artigo 60.7 da Lei 2/2016.

Así mesmo, o Concello solicitará os informes correspondentes dos organismos estatais, que deberán ser emitidos de acordo co disposto na normativa de aplicación.

Lalín, 3 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 29.6.2015)
Nicolás González Casares
Concelleiro delegado de Urbanismo