Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49883

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO (MMC 360/2016).

Cédula de notificación.

No presente procedemento de referencia (MMC 360/2016), seguido por instancia de L.G.R. fronte a David López Pérez, ditouse sentenza en data 2 de outubro de 2017, cuxo particular é do teor literal seguinte:

«Sentenza 114/2017.

Marín, 2 de outubro de 2017.

Vistos por min, Rosario Rodríguez López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín e o seu partido xudicial, os presentes autos número 360/2016 de xuízo sobre modificación de medidas, acordadas en sentenza de garda e custodia e alimentos de data 19 de xuño de 2012, no cal foron parte demandante L.G.R., representada polo procurador A.D.R.G. e baixo a dirección letrada de D.J.E.F.I., e parte demandada David López Pérez, en situación de rebeldía procesual, dítase en nome do rei a presente sentenza en virtude dos seguintes...

Decición:

Que estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador A.D.R.G., en nome e representación de L.G.R., debo acordar e acordo a modificación da Sentenza sobre garda, custodia e alimentos de data 19 de xuño de 2012, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, e declaro o exercicio exclusivo da patria potestade pola nai L.G.R., a quen corresponde a garda e custodia dos menores.

O dito con anterioridade enténdese en todo caso sen prexuízo de que, ante un cambio sobrevido e importante de circunstancias, se poida instar un novo procedemento.

Non procede a imposición das custas a ningunha das partes.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, de conformidade co disposto nos artigos 457 e seguintes da LAC.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior resolución foi dada, lida e publicada pola xuíza que a subscribe en audiencia ordinaria do día da súa data. Dou fe.

E encontrándose o dito demandado, David López Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Marín, 3 de outubro de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza