Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-1267/2016-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes PSC-CO-1267/2016-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente de dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A Coruña, 10 de outubro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1267/2016-PPM

Ángel Guerrero Fernández Reyes

53623291X

Resolución

Barcos, 21, portal 1, Muros