Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 4 de outubro de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Carmen III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Carmen III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 3 de outubro de 2017, Asunción Tubío Ouviña, Juan Brión Muñiz e Carlos Brión Tubío solicitan autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Carmen III.

Segundo. Os solicitantes presentaron a documentación requirida para tramitar este tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor da empresa Ponte Goyanes, S.L. (B70534680), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carmen III.

Situación:

Cuadrícula nº: 35.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovinciales).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuales titulares: Asunción Tubío Ouviña e Juan Brión Muñiz (76450818Z-33169833S) 50 % ganancial e Carlos Brión Tubío (33283724X) 50 % privativo.

Nova titular: Ponte Goyanes, S.L. (B70534680) 100 %.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores desde, o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 4 de outubro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña