Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 6 de xuño de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á ocupación dunha nave de departamentos de usuarios para almacenamento de aparellos de pesca no dominio público portuario de Laxe, solicitada pola Confraría de Pescadores Santa María de Atalaia de Laxe (expediente 12-21-15-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa a favor da Confraría de Pescadores Santa María de Atalaia de Laxe para a ocupación dunha nave de departamentos de usuarios para almacenamento de aparellos de pesca, no dominio público portuario de Laxe, de acordo co proxecto básico de mellora estética de departamentos portuarios e solicitude de concesión administrativa, asinado en xaneiro de 2014 polo enxeñeiro técnico industrial Jesús Manuel Mallo Puga (colexiado número 1178).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, situadas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 6 de xuño de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia