Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de outubro de 2017 pola que se notifica resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 69 do porto de Rianxo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Marcos Gey Garrido, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 69 do porto de Rianxo, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

Segundo informe da Xefatura da Zona Centro, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización de que dispuña, e non é posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.

Por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, no Boletín Oficial del Estado número 42, do 18 de febreiro de 2017, publícase a cédula pola cal se notifica requirimento previo ao desafiuzamento, que outorgaba un prazo máximo de 10 días hábiles para proceder ao desaloxo voluntario, sen que tal requirimento fose obxecto de cumprimento, e sen que exista tampouco constancia da formulación de alegacións por parte do interesado.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Transcorrido o prazo máximo de 10 días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse dunha autorización extinguida, e ao abeiro do establecido no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Portos de Galicia suspenderá sen mais trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.

Ao abeiro do establecido nos artigos 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e 125 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia