Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública relativo ao proxecto de urbanización referente ao Plan de sectorización do Vieiro.

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización que afecta o ámbito de actuación do Vieiro para levar á práctica as determinacións do proxecto de urbanización referente ao Plan de sectorización do Vieiro, polo Acordo da Xunta de Goberno local do 29.9.2017, de conformidade co artigo 96.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia ou no xornal.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

A Cañiza, 11 de outubro de 2017

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde