Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 11 de outubro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/164-1.
Entidade beneficiaria: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).
Denominación da instalación: reforma liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira.
Concellos: Mesía e Oza-Cesuras.
Predio |
Concello |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
1 |
Mesía |
Leira Longa |
Herdeiros de Manuel García Barreiro |
24.11.2017 |
11.30 |
2 |
Oza-Cesuras |
Aguillón |
Herdeiros de María Pardo Naveira |
30.11.2017 |
11.00 |
3 |
Oza-Cesuras |
Aguillón |
Herdeiros de Manuel Pardo Naveira |
30.11.2017 |
11.10 |
4 |
Oza-Cesuras |
Aguillón |
Herdeiros de Francisco Pardo Naveira |
30.11.2017 |
11.20 |
5 |
Oza-Cesuras |
Quenlla |
Herdeiros de Francisco Pardo Naveira |
30.11.2017 |
11.20 |