Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de outubro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01890-O-2016 e un máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-01890-O-2016 e outro máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01890-O-2016

7840-JHH

Ángel Barral Mel

47375356W

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

22.9.2016; 8.00; A6; 485,0

Artigo 141.17 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401 euros

PO-00938-O-2017

9855-CRT

Jorge López Peláez

45429846Q

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

8.2.2017; 19.19; AP-9; 137,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros