Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2017, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (punto quilométrico 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (punto quilométrico 0+200-0+620), no concello de Oleiros (clave AC/16/092.06).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 22 de xuño de 2017, apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620), no concello de Oleiros, clave AC/16/092.06.

Con data do 29 de xuño de 2017, a Xunta de Galicia procedeu a declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra mediante o Decreto 74/2017, publicado no DOG núm. 151, do 9 de agosto.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e os artigos 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Oleiros.

Lugar: Casa Charry.

Data: 22 de novembro de 2017, ás 10.00 horas.

Predios:

Predio núm. 1, ref. cat. 15059A01600400, titular Costoya Barreiro, Lino.

Predio núm. 6, ref. cat. 15059A01600513, titular descoñecido.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no concello de Oleiros e no Servizo da Delegación Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e último recibo da contribución, e poden acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e dun notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e no 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo da Delegación Provincial da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puido practicar.

A Coruña, 9 de outubro de 2017

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña