Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (941/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de salarios tramitación a cargo do Estado 941/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rodríguez Feijoó, Montserrat Hermida Barreiro contra Grialibros, S.L., Grace Antonia Nouel Brache, Delegación do Goberno en Galicia-Subdelegación do Goberno na Coruña, Secretaría de Estado de Xustiza, Secretaría Xeral da Administración de xustiza, Abraxas Aula 25, S.L., sobre salarios tramitación a cargo do Estado, se ditou sentenza co número 427/2017, do 27 de setembro de 2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos sobre reclamación de salarios de tramitación a cargo do Estado número 941/2014, seguidos por instancia de José Antonio Rodríguez Feijoó, respecto de quen se decretou a sucesión procesual na persoa de Montserrat Hermida Barreiro, representada e asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves; contra a Delegación do Goberno en Galicia-Subdelegación do Goberno na Coruña-Dependencia de Traballo e Inmigración da Coruña e contra a Secretaría de Estado de Xustiza-Secretaría Xeral da Administración de xustiza-Dirección Xeral de Relacións coa Administración de xustiza, representadas e asistidas polo letrado do Estado Sr. Suárez García; e contra Grialibros, S.L., Abraxas Aula 25, S.L., Grace A. Nouel Brache, e Germán Pérez Rubín (administrador concursal de Grialibros, S.L.), os cales non compareceron ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución Española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,»

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Antonio Rodríguez Feijoó, respecto de quen se decretou a sucesión procesual na persoa de Montserrat Hermida Barreiro, contra a Delegación do Goberno en Galicia-Subdelegación do Goberno na Coruña-Dependencia de Traballo e Inmigración da Coruña e contra a Secretaría de Estado de Xustiza-Secretaría Xeral da Administración de xustiza-Dirección Xeral de Relacións coa Administración de xustiza, e contra Grialibros S.L., Abraxas Aula 25, S.L., Grace A. Nouel Brache, e Germán Pérez Rubín (administrador concursal de Grialibros, S.L.), debo condenar e condeno as administracións demandadas a aboarlle ao demandante a suma de 15.348,14 euros en concepto de salarios de tramitación derivados da sentenza de despedimento recaída no procedemento de despedimento nº 1418/2010 seguido ante este xulgado, condenando os restantes codemandados a estar e pasar por tal declaración.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grialibros S.L., Grace Antonia Nouel Brache e Abraxas Aula 25, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza