Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49376

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1259/2016).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que neste órgano xudicial se tramita garda, custodia e alimentos número 1259/2016, por instancia de Yanis María Gorea Chona, contra Peter Jerardo Jara Castro, no cal se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor seguinte:

Sentenza 837/17.

En Ourense o dezaoito de xullo de dous mil dezasete.

Lucía Isabel Yebra-Pimentel López, xuíza de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos número 1259/2016, sobre garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial, promovidos por Janis María Gorea Chona, representada pola procuradora Eva Álvarez Coscolin e asistida da letrada Elena Fraga Paradela, contra Peter Jerardo Jara Castro, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución:

Acordo a adopción das medidas reguladores da garda e custodia da menor P. A. J. Ch., así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúese á nai a garda e custodia.

2. Suspéndese o réxime de visitas a favor de pai.

3. Establécese que o pai deberá aboar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que a nai designe para o efecto a cantidade de 100 euros en concepto de pensión de alimentos a favor do seu fillo menor.

4. Así mesmo, o pai deberá satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios que xere a atención do seu fillo menor.

Decláranse de oficio as custas procesuais.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría.

E para que conste e sirva de cédula de notificación a Peter Jerardo Jara Castro, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto.

Ourense, 28 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza