Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (274/2016).

Procedemento ordinario 274/2016

Demandante: Rosa María Vázquez García

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Eurográficas Pichel

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 274/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Vázquez García contra Eurográficas Pichel, Miguel Lamela Méndez como administrador concursal da demandada e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 429/2017.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 274/2016, en que son parte del, como demandante, Rosa María Vázquez García, asistida polo graduado social Sr. Castro Freire, e, como demandado, Eurográficas Pichel, S.L., que non comparece, malia súa citación en legal forma, o mesmo que o administrador concursal Sr. Lamela Méndez e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes (…).

Decido.

Estímase a demanda interposta por Rosa María Vázquez García fronte a Eurográficas Pichel, S.L., en que foi citado Miguel Ángel Lamela Méndez en calidade de administrador concursal e, en consecuencia, condénase a Eurográficas Pichel, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.496,66 euros como salarios debidos, aplicándose o xuro do 10 %. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que no momento de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridad Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza