Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (352/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 352/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo González Bustabad contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza co número 422/2017, do 26 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 352/2015, seguidos por instancia de Pablo González Bustabad, asistido pola letrada Sra. Erviti Álvarez, contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes».

«Que estimando integramente a demanda interposta por Pablo González Bustabad contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.683,54 euros polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita suma desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2).

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridade, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza