Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 18 de setembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas E.A.V.A. I e Ozores VII.

Tras ver os expedientes instruídos para os efectos das transmisións das bateas E.A.V.A. I e Ozores VII e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante data do 5 de setembro de 2017, Manuel Ozores Fajardo e María Albina Viturro Alonso, solicitan autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora das concesións administrativas e das bateas E.A.V.A. I e Ozores VII.

Segundo. Os solicitantes achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, do dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Susana Ozores Viturro (76779060T), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: E.A.V.A. I.

Localización:

Cuadrícula: 81, polígono: B, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 13 de agosto de 1975.

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Actuais titulares: Manuel Ozores Fajardo e María Albina Viturro Alonso (76451246M, 33210168P) 100 % ganancial.

Nova titular: Susana Ozores Viturro (76779060T) 100 % privativa.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ozores VII.

Localización:

Cuadrícula: 4, polígono: E, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 10 de xaneiro de 1968.

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Actuais titulares: Manuel Ozores Fajardo e María Albina Viturro Alonso (76451246M, 33210168P) 100 % ganancial.

Nova titular: Susana Ozores Viturro (76779060T) 100 % privativa.

A nova titular das concesións administrativas queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Así mesmo, e de acordo coa Resolución da Conselleria do Mar, do 15 de decembro de 2010, concédese unha axuda (expediente SXPA: PE205B/2010/000022-0). A nova titular do ben subvencionado subrógase en todas as obrigas contraídas polo transmitente da axuda concedida para equipamento de barco auxiliar Benfeito e non efectuará ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Deberá manter os investimentos obxecto da axuda durante un período de cinco anos nos termos previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 e no artigo 24 da Orde do 22 de xaneiro de 2010 reguladora da axuda.

Dentro dos tres meses seguintes á data da transmisión, remitirá á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica unha copia do documento público de transmisión no cal se recollan as obrigas en que se subroga desde o momento da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde de autorización de transmisión mortis causa desta batea.

O incumprimento destas obrigas será causa do reintegro total da axuda recibida.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña