Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49143

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2017, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 28 de abril), acordouse, de conformidade co disposto na base oitava da mencionada resolución:

Primeiro. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse na data e nos horarios que a seguir se indican:

– Mércores, 15 de novembro de 2017.

Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.

Obtención de todas as clases: 8.30 horas.

Renovación de todas as clases: 8.30 horas.

Obtención da clase 1: 13.00 horas.

Renovación da clase 1: 13.00 horas.

Obtención da clase 2: 16.15 horas.

Renovación da clase 2: 16.15 horas.

Obtención das clases: 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 10.45 horas.

Renovación das clases: 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 10.45 horas.

Obtención de materias líquidas: 8.30 horas.

Renovación de materias líquidas: 8.30 horas.

Modalidade por ferrocarril: certificado de conselleiro de seguridade RID.

Obtención de todas as clases: 10.45 horas.

Renovación de todas as clases: 10.45 horas.

Segundo. Para os efectos realizar os correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Terceiro. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único, e resultará excluído da súa realización quen non compareza.

Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, poderán ir provistos do ADR ou RID e de máquina calculadora sen memoria RAM.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

David Conde Varela
Presidente do tribunal