Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de xestión da retirada, destrución e valorización do cartón e papel procedentes dos centros sanitarios (expediente AB-EIS1-17-070).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4º. Teléfono: 981 95 02 60.

5º. Telefax: 981 95 09 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.ctra.santiago@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-17-070.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de xestión da retirada, destrución e valorización do cartón e papel procedentes dos centros sanitarios integrantes da estrutura organizativa da Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Enderezo: Xestión Integrada de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

e) Prazo de execución/entrega: corenta e oito meses (48), desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90511400-6.

3.Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse pregos.

Criterios valorables de forma non automática (sobre B):

1º. Medios achegados: descrición, cantidade por centros: 20 puntos.

2º. Proposta de xestión do papel confidencial: 10 puntos.

Criterios valorables de forma automática (sobre C):

1º. Canon: porcentaxe ofertada respecto ao prezo de cotización do cartón/papel en bolsa: 65 puntos.

2º. Tempo de resposta, en servizos urxentes:

Retiradas extraordinaria, substitución ante avarías: 5 puntos.

4. Canon base de licitación: véxanse pregos.

5. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: non se exixe a constitución de garantía definitiva.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso: véxanse pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2º. Enderezo: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: ver pregos.

10. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

O xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
P.S. (Decreto 168/2010, do 7 de outubro)
María José López Rebollo
Directora de Recursos Económicos