Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de asesoría ao Sistema de vixilancia das enfermidades crónicas de Galicia (SVEC-G) (expediente AB-CON1-17-013).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 8 de novembro de 2017.

d) Número de expediente: AB-CON1-17-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de asesoría ao Sistema de vixilancia das enfermidades crónicas de Galicia (SVEC-G).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 2 anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71317210-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Capacidade de dirección

0-10

Apoio estatístico

0-10

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0-50

Capacidade de execución

0-30

4. Valor estimado do contrato: 396.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 198.000 euros. Importe total: 239.580 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 6.6.2.5 e 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 8 de novembro de 2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de setembro de 2017.

12. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos