Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49095

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de inicio do expediente de clausura do cemiterio parroquial de San Tomé de Piñeiro.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 16 de febreiro de 2017, e por instancia de Carmen López Sobral, en representación da Asociación de Veciños do Cemiterio de Santomé de Piñeiro Vello, iniciouse expediente para a clausura do cemiterio parroquial de San Tomé de Piñeiro. En consecuencia, exponse ao público cunha antelación de tres meses, mediante a publicación no BOP, no DOG e nun xornal dos de maior circulación no municipio, co obxecto de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno e afín aos seus intereses, de conformidade co artigo 31 do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.

Durante o referido período, o expediente poderá ser examinado nas dependencias da Secretaría Municipal, das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.

Marín, 16 de febreiro de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa